Axuda do LibreOffice 7.1
A barra Táboa contén as funcións necesarias para traballar con táboas. Aparece ao situar o cursor dentro dunha táboa.
Prema nesta icona para abrir a barra de ferramentas Estilo de liña, a cal permite modificar o estilo de liña do bordo.
Prema na icona Cor de liña (do bordo) para abrir a barra de ferramentas Cor de bordo, que permite cambiar a cor do bordo dun obxecto.
Premendo na icona Bordos aparece a barra de ferramentas Bordos onde pode modificar o bordo da área dunha folla ou dun obxecto.
Splits the cell or group of cells horizontally or vertically into the number of cells that you enter.
Abre unha barra de ferramentas que contén funcións para a optimización das filas e columnas dunha táboa.
Inserir unha ou máis filas na táboa, na parte inferior da selección. Pode inserir máis dunha fila abrindo a caixa de diálogo (escolla Táboa - Inserir - Filas), ou seleccionando máis dunha fila antes de premer na icona. O segundo método insire filas da mesma altura que as seleccionadas.
Inserir unha ou máis columnas na táboa, despois da selección. Para inserir varias columnas ao mesmo tempo, abra a caixa de diálogo (escolla Táboa - Inserir - Columnas), ou selccione varias columnas antes de premer na icona. O segundo método insire columnas da mesma largura relativa que as columnas seleccionadas.
Abre o Deseño de táboa. Prema dúas veces nunha vista previa para formatar a táboa.
Deseño de táboa